lunes, 21 de enero de 2019

VISITA DO ALCALDE AO NOSO CENTRO


O venres 18 de xaneiro veu a visitar o noso centro Abel Caballero, Alcalde de Vigo e Olga Alonso, Concelleira de Educación do Concello. Deste xeito, tivemos a oportunidade de darlles as gracias pola instalación dun columpio adaptado no patio de educación infantil do noso colexio. 

MOITAS GRACIAS!!!








miércoles, 16 de enero de 2019

HORTA ESCOLAR


O pasado luns fixemos unha actividade na horta da escola. Plantamos leitugas de diferentes tipos e árbores galegas. Xa estamos á espera de velas medrar!










NADAL



O pasado Nadal fixemos un montón de actividades. Decoramos o centro, puxemos adornos de nadal na árbore do centro de saúde do noso barrio, tivemos obradoiros de maquillaxe, karaoke e baile. Tamén viñeron algunhas mamás da ANPA Sorriso a facernos un chocolate con biscoitos. Aquí vos deixamos vídeo da chocolatada e dos obradoiros. Esperamos que vos guste!

MOITAS GRACIAS!!






martes, 15 de enero de 2019

VISITA GARDA CIVIL


Viñeron a visitarnos dous axentes da garda civil para contarnos cousas moi importantes sobre a conservación do medio ambiente, a importancia de coidar ás nosas mascotas e prevención de incendios. O que máis nos gustou foi poder subir ao seu coche e poñer as luces e sons.

Gracias pola visita!!!





lunes, 14 de enero de 2019

MAGOSTO 2018


O que nos gusta no CEIP Fonte Escura unha festa! E se é con castañas mellor. Que ben o pasamos!!!













E tamén tivemos diferentes xogos!








SAMAÍN 2018


No pasado Samaín pasámolo DE MEDO! Tivemos obra de teatro dos alumnos,-as de 5º e 6º de Educación Primaria, conta - contos a cargo da nosa profe Lourdes (bruxa despistada) e obradoiros sensoriais e de maquillaxe! 

TODO TERRORÍFICO!