Para traballar o día da muller, celebrado o pasado 8 de marzo, e a semana da prensa, decidimos facer un traballo de investigación. Na biblioteca do centro, os rapaces e rapazas manipularon xornais onde recortaron noticias de mulleres e de homes. Así reflexionamos sobre a presenza da muller na prensa, moito menor que a dos homes. Para rematar, colgamos a nosa investigación na fachada do colexio.
viernes, 29 de marzo de 2019
miércoles, 13 de marzo de 2019
ENTROIDO
No entroido este ano tivemos moitas actividades. Fixemos unha merenda con doces tradicionais destas festas (filloas, orellas, flores), disfrazámonos seguindo a temática do noso proxecto de horta inclusiva (todo con material reciclado) e visitamos aos maiores da residencia de Barreiro para cantarlles "A horta de Balbina". Por último, visitáronnos desde o Concello de Vigo, Dinoseto e Dinosetiño. Faláronnos dun tema que nos interesa moito e no que traballamos no cole, a reciclaxe.
VISITA Á RESIDENCIA DE BARREIRO
VISITA AO CENTRO DE DINOSETO E DINOSETIÑO
MERENDA DE ENTROIDO!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)