Recollemos a colleita do segundo trimestre e levámola para a casa. Tamén plantamos tomates e pementos. Canto nos gusta a nosa horta!
lunes, 29 de abril de 2019
viernes, 5 de abril de 2019
VISITA AO CONCELLO 5º e 6º EP
O xoves 4 de abril os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria visitaron o Concello de Vigo. Estiveron na sala de plenos con Abel Caballero, visitaron as instalacións da policía local e sumáronse aos cánticos do grupo "canto popular".
lunes, 1 de abril de 2019
21 de marzo: día da poesía
No CEIP de Fonte Escura celebramos cada ano o día da poesía. Reciclando a idea que tiveron as mestras encargadas da biblioteca o curso pasado, celebramos o II certame de "poesía por un tubo". Fixo un día estupendo así que por parellas e seguindo un mapa, buscamos o noso tubo e limos a poesía que tiña agochada no interior.
Pasámolo en grande!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)