sábado, 29 de febrero de 2020

 FESTIVAL DO ENTROIDO

O venres , día 21 de Febreiro , celebramos no colexio Fonte Escura o entroido .
Este ano organizado polo equipo de dinamización da lingua galega escolleuse como temática para os disfraces , animais autótonos de Galicia.Así tiñamos as bolboretas en Infantil ,os mouchos en 1º-2º de Primaria , raposos en 3º-4º e os de 5º-6º ían de ourizos.
Os disfraces fixeronse con material de refugallo ( cartóns, bolsas de papel usadas,...) conforme o programa do Plan Proxecta Recíclate con Sogama e o proxecto Voz Natura ,nos que o centro participa.
Deixámosvos  mostra do ben que o pasamos neste vídeo.

domingo, 2 de febrero de 2020

DIA DA PAZ 30/1/2020

DIA DA PAZ  NO CEIP FONTEESCURA   .  
30 DE XANEIRO   DO 2020

Este ano para celebrar  o Día da  Paz no colexio , realizouse unha actividade relacionada coas novas tecnoloxías.
Cada neno/a realizou o seu avatar a partir dunha aplicación tic ,na que caracteriza o seu superheroe e superheroina(vestimenta , características física...).Así como encheu en  papel  unha ficha decindo o nome e os superpoderes que ten para loitar pola paz.














O propio día da conmemoración os nenos e nenas baixaron coa imaxen impresa do seu avatar  e pegárona nun mural para todo o centro. Ademais foron poñendo a estrela do superpoder  asociada o seu avatar.















Para rematar cantamos a canción Campás  pola Paz.