sábado, 29 de febrero de 2020

 FESTIVAL DO ENTROIDO

O venres , día 21 de Febreiro , celebramos no colexio Fonte Escura o entroido .
Este ano organizado polo equipo de dinamización da lingua galega escolleuse como temática para os disfraces , animais autótonos de Galicia.Así tiñamos as bolboretas en Infantil ,os mouchos en 1º-2º de Primaria , raposos en 3º-4º e os de 5º-6º ían de ourizos.
Os disfraces fixeronse con material de refugallo ( cartóns, bolsas de papel usadas,...) conforme o programa do Plan Proxecta Recíclate con Sogama e o proxecto Voz Natura ,nos que o centro participa.
Deixámosvos  mostra do ben que o pasamos neste vídeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario